GOMES NOVAS na rede

Esta sección aliméntase con informacións obtidas maiormente na lista de correo de gaita, e da lista de correo de folk, remitidas habitualmente polos propios organizadores

Antes de desplazarvos para concertos, cursiños etc., non dependentes da Aula, confirmade horarios e datas preferiblemente cos propios promotores.

Responsables da inclusión das Gomes Novas: Fran Cano e Cástor Castro

Fin de curso da Asociación Algaravia (Ourense)
(Enviado por Mónica Tejada)

¡Ola!

¿Xa de vacacións?

Se vos apetece estades convidados o próximo día 2 de xullo (Venres) a partir das 8:30 da tarde ao Fin de curso da Asociación Algaravia.

Como o ano pasado, será no paseo das Ninfas alí por Reza e contamos con ofrecervos pinchiños, algo de beber e algunha "algaravía".

¡Animádevos! ¿Qué sería do baile sen a música?

Bicos

 

I CURSIÑO DE MÚSICAS TRADICIONAIS


Benquerid@s amig@s :

Mándovos esta carta para informarvos de que a Asoc. Cult. FOLLAS NOVAS de Ames vai organizar, xunto coa colaboración ca Concellaría de Cultura e Deporte do Concello de Ames, o I Cursiño de Músicas Tradicionais.


Data : 20,21 e 22 de xullo de 2004.

Lugar: I.E.S. de Bertamiráns - Ames. A 10 Kms. pola estrada Santiago-Noia.


Profesorado e Especialidades:

Alexandre Cadarso: Acordeón Diatónico Nivel Iniciación.

Alonso Barreiro: Gaita estilo aberto. Todos os niveis.

Carlos Tguez. Osorio: Gaita estilo pechado. Todos os niveis.

Mª Carmen Giadáns : Pandereta Todos os niveis.

Baile Galego ( Pequenos e maiores) Todos os niveis.

Xosé Vázquez ( CHE ) : Trompa de Boca Todos os niveis.
Construcción de Palletas. Todos os niveis.

Kevin Carr: Música de Irlanda e do Quebec Nivel medio e alto.
para instrumentos de corda ( violín,
banjo,mandolina,guitarra...)

John Skelton: Música bretona (Veuze e whistle ) Nivel medio e alto.
Música irlandesa (frauta e whistle)

HORARIO:
Mañá

10.00-10.50 hrs. Repert. Irlandés ( K. Carr) - Repertorio Bretón (J: Skelton)
10.50-11.40 hrs. Repert. Québec ( K. Carr) - Repertorio Irlandés (J. Skelton)
11.40-12.00 hrs. DESCANSO DESCANSO
12.00-12.50 hrs. Ensaio Xeral Ensaio Xeral
12.50-13.40 hrs. Exposición de Kevin Carr (A uilleann pipe- Contacontos musicais)

Tarde

16.30-17.20 hrs. Gaita pechado – Gaita Aberto – Acord. Diatónico – Pandereta- Palletas
17.20-18.10 hrs. Gaita Pechado – Gaita Aberto – Acord. Diatónico – Pandereta- Palletas
18.10-18.30 hrs. DESCANSO
18.30-19.20 hrs. Ensaio Gaita - Ensaio Gaita - Acord. Diatónico
Baile Galego Iniciación nenos – Palletas- Trompa
19.20-20.20 hrs. Exposición temas de Gaita – Baile galego iniciación adultos-
Trompa.

Formalización da Matrícula:

- Ingresar 10 euros ,na conta do concello Caixa de Galicia 2091-0317-30-3110000116
- Na Casa de Cultura de Bertamiráns.
- Prazo: ata o 16 de xullo de 2004.
- Idades: a partir dos 7 anos.
- Pódense intercambiar especialidades.
- Tfono de Información e matrícula: 981-81 58 01 de 9 a 14 horas.


Espero que vos gusten as especialidades escollidas,e así mesmo prégovos que lle deades máxima difusión entre os vosos alumnos e amigos.

Un saúdo da miña parte e da Xunta Directiva da Asoc. Cult. Follas Novas.

Alexandre Cadarso ( Presidente Follas Novas) Bertamiáns 22 de xuño de 2004

Participación da Asociación Raiceiros no Festival de Ortigueira

Diríxome a vostede para lle comunicar que a Asociación Raiceiros participará na vixésima edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, levando a cabo unha "Xornada Arredor da Requinta".

Esta, terá lugar o 2º día de festival, o sábado día 10 de xullo ás 12h no auditorio do Centro Arqueolóxico Federico Maciñeira.

O acto dividirase nas partes seguintes:

1. Breve presentación e charla acerca da requinta: características técnicas, peculiaridades, historia... (10-15 minutos).

2. Proxección do documental "REQUINTEIROS. Músicos da Ulla" (38 minutos).

3. Mostra-concerto a cargo do grupo de requinteiros A gaita de Sarandón, Pepe de Nande e Marcelino de Muiñeiro, os dous únicos vellos requinteiros que aínda se manteñen en activo dentro dunha formación musical estable. A mostra apóiase ademais mediante a proxección de material gráfico recollido pola Asociación Raiceiros (15-20 minutos).

Estariamos encantados de poder contar coa súa presencia en dito acto, e rogámoslle asimesmo que lle dea á presente mensaxe toda a difusión que sexa posible.

Non sen antes agradecerlle a súa atención, reciba un agarimoso saúdo e unha forte aperta.

Gerardo Albela González

Presidente da Asociación Raiceiros

Membro do grupo A gaita de Sarandón

Teléfono móbil: 636 274 888

 

Asunto: I Festival folk "Sons do vento"

Hola compañeir@s:

O meu nome é Marco e pertenzo a banda de gaitas de Melón, solo vos
queremos informar de que o próximo 17 de Xullo do 2004, vaise
celebrar no concello de Melón (no parque de Melón, a carón do
mosteiro de "Santa María") o I Festival Folk "Sons do vento",
organizado pola banda de gaitas "Amigos do Mosteiro", coa seguinte
programación:

20:00 h Desfile por Melón das bandas de gaitas da comarca do Ribeiro.

21:00h Comenzo do festival, actuarán:

- Grupo de baile "A NOSA TERRA" (Mos- Pontevedra)
- PABLO CARRERA (gaiteru astur)
- Banda de gaitas "AMIGOS DO MOSTEIRO" e convidados
- Grupo de cantareiras "XESTREU" (Ourense)
- Bandina Tradicional "LA GALBANA" (Asturias)
- Grupo folk "OS CUCHUFELLOS" (Manzaneda- Ourense)
- Grupo folk "A COMPAÑIA DO RUIDO" (Ribeira- A Coruña)

Haberá comida, bebida e zona gratuita de acampada, a carón do
festival.

ENTRADA GRATUITA.

Esperando que o programa sexa do voso agrado, invitamosvos a que
asistades ó evento.

Máis información en: www.geocities.com\bandadegaitasdemelon

Un cordial saúdo.


Asunto: Cursos del Teatro Galán

(TOMADO DA LISTA DE GAITA)
Mensaje: 20
Fecha: Thu, 24 Jun 2004 20:36:06 -0000
De: "prixileira"

Sé que por akí hay mucho gaiteiro suelto pero igual también hay
pandeireteiras/os y bailadores/as. Lo digo pq del 26 al 30 de julio
se imparten unos cursos de baile y pandereta en el Teatro Galán.
Cursos que impartirán Montse Rivera y Felisa Segade, respectivamente.
Pues nada, que yo me apunté al de pande y quería saber si alguien de
este foro piensa ir a alguno de los cursos.
Un saludo!!



PROXIMAS ACTIVIDADES DO CONSERVATORIO FOLQUE DE LALÍN.
CURSO 04


MARZO
Venres 19
- CONFERENCIA E VIDEO-PROXECCIÓN SOBRE BENNY MORÉ.
Presentación do libro do cubano Felix Contreras "Yo conocí a Benny Moré".
CMTF de Lalín ás 20 horas.

Sábado 20
- MONOGRÁFICO DE ACORDEÓN DIATÓNICO
. Cati Plana (Barcelona)
Horario: 11-14h a 16-19h Prezo único: 40 euros
Duración: 1 dia

-CURSO DE SANFONA. Pascal Lefeuvre e Germán Diaz.
Lugar: Casa da Xuventude de Lalín. Duración: 1 dia
Horario: 11-14h a 16-19h Prezo: 40 euros/persona(matriculados no CMTF), 50 euros (non matriculados)
Remate do curso: Jam sesión no pub Barriga Verde.

Sábado 27.
- MONOGRÁFICO DANZA GALEGA /DANZA CONTEMPORANEA. Jaime Díaz e Vicente Colomer.
(Nova Galega de Danza, A Coruña)
Horario: 11-14h a 16-19h Prezo único: 40 euros
Duración: 1 dia

- II MONOGRÁFICO DE CANTOS DO MUNDO. Pilar Araujo.
Aprendizaxe de repertorio do Leste de Europa, America Latina, China, Israel, Japon... para todos os niveis.
Horario: 19- 20 horas Prezo: 100 euros/persoa (matriculados no CMTF), 140 euros (non matriculados)
Duración: 3 meses

ABRIL.

Sábado 3.
- CURSO DE PERCUSIÓN BRASILEIRA. III Iniciación e perfeccionamento. Xurxo Troncoso.
Horario de maná e tarde. Prezo: 100 euros/persoa (matriculados no CMTF), 140 euros (non matriculados)
Duración: 3 meses

Sabado 17.
- CURSIÑO DE INTRODUCCIÓN Á ANALISE DA MÚSICA PATRIMONIAL.José Luis do Pico
Horario: 11h- 14 h. Prezo: de balde matriculados CMTF, 30 euros (non matriculados)
Duración: 1 mañá

Sábado 24, domingo 25.
- AULAS PRACTICAS DO CURSO DE POSTGRADO EN MÚSICA GALEGA.
Diatónico: Pedro Pascual, Sanfona: Oscar Fdez, Gaita: Edelmiro Fdez, Canto: Xavier Diaz, Ugia Pedreira,
Violino: Kim Farinha, Pedagoxia Musical: Rosa Maria Torres, Percusión: Francisco Estevez.
Sábado 24 Jam Session Folque no Pub Barriga Verde


MAIO. Venres 28. Venres Básicos.
- RE-ELABORA-SONS. Espectáculo folque do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
actual, xoven e dinámico onde se integra imaxen, música, baile e a palabra.
Instrumentación: Gaitas, requintas, sanfonas, acordeóns diatonicos, violonchelo, violinos, guitarra,
percusión e voces.
Artistas convidados: Guadi Galego e Kim Farinha de Berrogueto, Xurxo Troncoso, Ramón Feáns..


Inscripcións: folquelalin@hotmail.com tlfe. 669 535527
+ info: www.bandua.com/info/folque


______________________________________________________________________

La Real Banda de Gaitas grabará durante los próximos cuatro días un CD para la pareja real

Sen Comentarios !!!

Tanto la Infanta Elena como la Infanta Cristina cuentan entre sus regalos de bodas con sendas composiciones musicales crea- das e interpretadas por la Real Banda de Gaitas de Ourense. Así que el príncipe heredero, Felipe de Borbón, no iba a ser menos y más si tenemos en cuenta que se está hablando de la boda real más esperada de los últimos años. La “Gran Rapsodia de Aires populares de Galicia, Felipe de Borbón", el regalo de bodas que le entregarán la Real Banda y la Xunta de Galicia, es una obra compuesta por 40 cantares populares, recogidos en distintos lugares de diferentes partes de Galicia, se trata de una recreación de los cantares populares. La rapsodia, con una duración de 55 minutos aproximadamente, será editada por la compañía de TVE de música. Este singular regalo irá acompañado por un libro de partituras de unas cien páginas. El director de la Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo, aseguró que este presente “se va a entregar al Príncipe Felipe en un acto concierto que estará presidido por Manuel Fraga. Aún se está concretando el lugar, que puede ser en Madrid o Galicia, y la fecha, ya que este acto de entrega podría incluso tener lugar después de la boda, eso es lo de menos". Foxo resalta la importancia de que estas melodías son absolutamente inéditas, “ya que nunca fueron grabadas ni editadas y se recogieron en nuestro viajes por los pueblos de Galicia". Según relata Foxo, “en una de sus visitas a Ourense y tras un concierto que le ofrecimos en Vilamarín, le prometí al Príncipe una composición musical, asegurándole que ya estábamos trabajando en ella". El cuerpo de la rapsodia lleva incluida una muñeira con el nombre de “Letizia", se trata de una composición del propio Xosé Lois Foxo para la futura reina. Esta grabación musical cuenta con la colaboración especial de Cristina Pato, pero esta vez interpretando al piano; de María do Ceo, como soprano; de Anxo Lorenzo, gaiteiro; Germán Díaz, un reconocido zamfonista de Valladolid y la violinista Rosa Gayoso. En la boda de las dos Infantas, la Real Banda estuvo presente en ambas ciudades. “Estamos en contacto con la Casa Real, para ver si es posible ubicarnos en alguna parte, pero eso es lo de menos, estar o no en la boda, lo más importante es poder hacer este regalo", asegura tajante Xosé Lois Foxo. SONIA TORRE

Fonte: http://lri.laregion.net/cgi-bin/lri2/ver/edicion/pagina.pl?2004-03-03+60

____________________________________________________

 


Poñemosvos un email que nos enviou José Manuel Salvado Sanín para presentarnos a súa páxina .

Hola,
chamome Sanín, son artesano e fago instrumentos de percusión tradicionais galegos dende o ano 1996. Estoume iniciando en internet e me falaron da vosa web. Teño una páxina web de contacto co nome www.sanin.biz . De momento só ten información de contacto a espera de que me rematen unha mais completa. Estou á vosa disposición para o que precisedes e me gustaría que fixerades unha visita o meu obradoiro (para ir logo a tomar unhos viños, claro). Gracias e un saudo,

José Manuel Salvado Sanín

 

Contacto Jose M. Salvado Sanin

Dirección Esquipa, 5 15820-Santiago de Compostela (A Coruña)

Teléfono 609 446 953

e-Mail sanin@sanin.biz

 

Remodelada a páxina web de Luar na Lubre: http://www.luarnalubre.com/


Alí poderedes atopar un montón de cousas interesantes, entre outras os seur próximos concertos...ou mesmo reservar o seu novo disco e DVD que está a piques de sair...

Marzo

19-03-2004 - NUEVA YORK - Teatro del Circulo

20-03-2004 - NUEVA YORK - Teatro del Círculo

21-03-2004 - NUEVA YORK - Teatro del Circulo

24-03-2004 - Estreno Película " UN BOSQUE DE MÚSICA" NUEVA YORK - Lincoln Center

30-03-2004 - Salida Disco "HAI UN PARAÍSO" NEW YORK

Abril

02-04-2004 - HASPARREN (FRANCIA) - Sala Mendeala

10-04-2004 - XACOBEO-RIBEIRA

17-04-2004 - SANTA FE (Granada)

Maio

01-05-2004 - MADRID - Sala Aqualung

07-05-2004 - BARCELONA - Sala LÉspai

08-05-2004 - BURJASSOT - Auditorio

12-05-2004 - SANTIAGO

14-05-2004 - OURENSE - Plaza Mayor

15-05-2004 - PONTEVEDRA - Auditorio

16-05-2004 - NARON

17-05-2004 - Salida DVD "UN BOSQUE DE MUSICA"

--------------------------------------------------------------------------------


E OS TREIXADURA NON PARAN !!!

Leilía e Treixadura únense en Son de Aquí, un espectáculo que quere promocionar a nosa música tradicional

16 de febreiro de 2004 ./ Até cinco horas de espectáculo no que se Combinan as músicas do grupo de cantareiras Leilía e o de gaiteiros Treixadura (que tamén achega o orfeón do mesmo nome) cos contos do actor Quico Cadaval e cun grupo de baile tradicional. Esta é a oferta de Son de Aquí, un proxecto producido e dirixido por estes dous grupos que quere ofrecer unha visión da cultura tradicional que vaia alén do aspecto puramente musical. A idea é achegar a festa unha festa con raíz a todas as localidades do país ao tempo que se presentan os últimos traballos destas formacións.

 

OS CAMPANEIROS, GAITEIROS DE AROUSA

Con ese título será editado en breve un libro dedicado òs xeniais gaiteiros do Salnés. Os autores do traballo son CARLOS REY, HECTOR SILVEIRO e o noso PAULO NOGUEIRA.

O libro conta cun prólogo de RODRIGO ROMANÍ e vaise publicar a través de EDICIÓNS DO CUMIO.
Ademais de abundante material fotográfico, o libro contará tamén con notas biográficas, partituras, arquivos sonoros inéditos e posiblemente cunha pista interactiva sobre o grupo. Manterémosvos informados sobre a data de publicación porque vai ser un traballo moi importante para os que queiran coñecer a traxectoria e obra dos míticos gaiteiros da Arousa

 

MÉTODO DE GAITA

A Universidade de Vigo ven aplicando dende hai tempo nas súas clases vai ser editado
Por fin o tan longamente anunciado traballo de AQUÍN XESTEIRA vai ver a luz este ano.O método de gaita que o mestre gaiteiro da unive por EDICIÓNS DO CUMIO.

Non hai data fixa pero xa se está entregando material para a súa preparación así que non será moi tarde. O traballo incluirá un cd con gravacións do mestre para ilustrar as pezas e leccións do método. Está por determinar se incluirá tamén unha pista en DVD con imaxes relativas ás leccións. Ánimo Xaqui.

Mais información na web de Treixadura: http://www.treixadura.com/galego/actualidade2.html

--------------------------------------------------------------------------------


PÁXINAS RECOMENDADAS (hoxe):

http://www.pangalaica.com/ (de todo un pouco...)

http://www.musicaljr.com (por se queredes mercar algún instrumento...)

http://www.keympa.com ´(Grupo de música "celta" ? afincado en Cataluña, creo...)

______________________________________________

MÚSICA FOLK : Artistas sobranceiros publicarán novos álbumes este ano

Óscar Losada.A Coruña

Este ano preséntase na música folk galega con bastantes máis lanzamentos discográficos que o pasado. Solistas e grupos importantes poñerán os seus productos á venda e anceiamos que haxa un mercado suficiente para todos, posto que o grande problema pode ser unha oferta amplia e de calidade diante dunha demanda que, quizais, non asuma esa cantidade de álbumes.

Febreiro é a data marcada por Luar na Lubre para lanzar a súa nova obra, que virá acompañada dun documental, titulado Un bosque de música, dirixido por Ignacio Vilar e que recolle a traxectoria da banda herculina ao longo da súa andaina.

En marzo espérase a saída de Zume de terra, o terceiro disco de Xosé Manuel Budiño, un álbum que quedou adiado, posto que estaba previsto o seu lanzamento para o ano pasado. O gaiteiro contará con colaboracións importantes, como as de Capercaillie, Jacky Molard, e as cantantes Sara Tavares e Lillian Vieira.

O mes de abril é a data fixada para a nova obra de Susana Seivane, que xa está metida no estudo de gravación ultimando as novas pezas do álbum. A fi-nais dese mes tamén se espera o segundo álbum dos Laio, onde contarán coa colaboración do Kronos Quartet, da banxista Allison Brown e a cantante canadiana Tanya Tagaq, da etnia esquimal inuit, que tamén gravará voces no vindeiro traballo de Björk.

Antes do verán tamén está prevista a saída do novo álbum de Uxía Senlle, outro traballo que xerá moitas expectativas posto que a porriñesa fichou por un selo discográfico holandés coa idea de relanzar internacionalmente a súa carreira. A cantante galega contará con convidados importantes para o seu novo proxecto musical.

Berrogüetto sacará un disco especial, posto que no 2004 engadirán os temas necesarios para a publicación da banda sonora dos documentais televisivos Renovart.

O disco das cantareiras de Anubía seguramente será publicado despois do verán e tentarán continuar o vieiro aberto coa súa ópera prima, aínda que agora só haberá tres voces principais. Outros artistas que contarán con nova obra serán os Quempallou, un grupo de mozos festeiros que saben transmitir vitalidade ao público, e Lume, un grupo debutante no panorama folk galego e do que forma parte Xoán Carlos Fernández Fasero.


--------------------------------------------------------------------------------


Gaiteiros de Lisboa - reedição, a não perder

Os dois primeiros albúns dos Gaiteiros de Lisboa, "Invasões Bárbaras" (1995) e "Bocas do Inferno" (1997), encontravam-se esgotados, pouco tempo depois da sua edição. A editora Farol reeditou estes dois cd's, desta vez, com algumas inovações. Embora não incluam temas adicionais, foi feita a remasterização do primeiro álbum, que agora sai com algumas melhorias.
A campanha de lançamento vai ser discreta, mas com algumas surpresas agradáveis para os fãs do grupo, que incluem a interpretação de 5 a 6 temas gravados ao vivo, com som directo, no canal SIC-Notícias, durante toda a semana e com um compacto ao sábado, em finais de Fevereiro.
Os Gaiteiros de Lisboa são um dos grupos mais conhecidos e inovadores da música tradicional portuguesa, tendo já editado 4 discos e participado em diversas outras edições, com um longo percurso de espectáculos ao vivo, em Portugal e no estrangeiro. Mais sobre o grupo, no seu site: www.gaiteirosdelisboa.com

--------------------------------------------------------------------------------

Pédexumbo - Encontros e Danças, em Évora


No próximo fim-de-semana de 31 de Janeiro e 1 de Fevereiro, as professoras Mercedes Prieto e Isabelle Guerbigny realizam um workshop intensivo de danças tradicionais europeias. O local escolhido para este curso é Évora, num dos salões da Sociedade Harmonia Eborense, localizada na Praça do Giraldo, nº 72. O curso terá lugar no Sábado, 31 de Janeiro, das 17h30 às 19h00 e das 20h às 21h30 e no Domingo, 1 de Fevereiro, das 11h00 às 13h00 e das 15h00 as 17h00.
As oficinas a cargo de Isabelle Guerbigny incluirão danças do país Basco - “Fandango” e "Mutxiko” e Mercedes Prieto será responsável pelo ensino de danças italianas.
Nesse mesmo fim de semana, no dia 31, inicia-se também o encontro Pais e Fiilhos à Volta da Dança, todos os Sábados, das 11:00 às 12:00h, no Espaço “Oficinas de Comunicação”, no Largo Mário Chico, n.17- Évora.
Este são Encontros à volta da descoberta e do desenvolvimento do movimento expressivo e artístico, para desenvolver a organização espacio-temporal e o sentido rítmico, conhecer o corpo e as suas potencialidades, estimular a percepção e a sensibilidade estética da criança. Informações e Inscrições: Associação Pédexumbo, www.pedexumbo.com - e-mail: pedexumbo@pedexumbo.com
Telefones: 266 732 504 - 967 185 910 - 962 344 056.

--------------------------------------------------------------------------------


http://www.fillos.org/fillos/colaborar/polo-futuro-de-fillos.shtml



¿Qué es Fillos de Galicia?

Fillos de Galicia es una comunidad virtual, esto es, un grupo de gente unida a través de Internet, cuyo nexo de unión es ser descendientes de gallegos emigrados. Los servicios que dan soporte a esta comunidad están localizados en el web www.fillos.org, que se configura como una especie de Centro Gallego Virtual, un portal para todos aquellos que navegan por la Red a la búsqueda de sus raíces gallegas.




¿Real?¿negocio?...Non sei, cada un que saque as súas conclusións porque eu non teño mais información e polo tanto non me responsabilizo




ABERTA A CONVOCATORIA PARA O V CERTAME FOLK RADIO OBRADOIRO


10/02/2004 Fonte: http://www.galego21.org/ravachol/novas/novas022004.htm#113
Como é habitual nestas datas, ábrese a data para participar neste importante certame de música folk que pretende apoiar os novos grupos de música galega. Atención, porque as datas habituais cambiaron un chisco.

A iniciativa parte do programa 'En clave de folk', que se emite os luns en dous horarios, de 15:00 a 16:00 horas e logo a partir da medianoite. Os gañadores da primeira edición, que data de 1999, foron os vigueses Alfolíes. O xurado do segundo concurso deulle o premio a Quempallou, mentres que na terceira edición, celebrada no 2002, o galardón foi para Roi Xordo. No 2003 tiña lugar o cuarto certame, que viu como os lalinenses Grodan Defló se facían co primeiro premio. Desta volta a final desenvolverase no mes de abril por causas alleas á organización. O premio, coma noutras ocasións, consiste na gravación dun cd.


--------------------------------------------------------------------------------


CONCERTOS:


12/02/2004 - O Jarbanzo Negro en Lugo
13/02/2004 - Os Cempés en Porriño - Pontevedra
14/02/2004 - Mercedes Peón en Pontevedra
14/02/2004 - Carlos Núñez en Porto (PT-Portugal)
14/02/2004 - Dillei en Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
14/02/2004 - O Jarbanzo Negro en Ponteareas - Pontevedra
16/02/2004 - Mutenrohi en Ourense
16/02/2004 - Carlos Núñez en Lisboa (PT-Portugal)
28/02/2004 - Guezos en Vigo - Pontevedra
04/03/2004 - Pai da Cana en Madrid
05/03/2004 - Nova Galega de Danza en Ourense !!!
06/03/2004 - Nova Galega de Danza en Vigo - Pontevedra
07/03/2004 - Nova Galega de Danza en A Coruña
08/03/2004 - Nova Galega de Danza en Pontevedra
13/03/2004 - Dillei en Santiago de Compostela - A Coruña

--------------------------------------------------------------------------------


CARTOGRAFÍAS SONORAS

Continúa o ciclo este ciclo organizado pola Fundación Pedro Barrié e Nordesía Produccións, adicado ao Violín.
A Fundación Pedro Barrié de la Maza e Nordesía Produccións xuntan neste ciclo diversas facetas do instrumento de corda máis universal: o violín. Cartografías Sonoras presenta a catro dos virtuosos de maior prestixio internacional os cales, malia compartir un mesmo instrumento, amosarán os estilos e as técnicas máis diversas.

Mais información : http://www.nordesia.com/info/040127cartografias.html



XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DA A.F.C O FIADEIRO 17-18 DE XANEIRO DO 2004


Dado que a fin primeira da ACF O Fiadeiro é a de recuperar, analizar e transmiti-lo legado cultural e tradicional de Galicia, considerámo-la necesidade de organizar as "III XORNADAS DE PORTAS ABERTAS" onde, como ben o seu propio nome indica, achegamos a tódolos asistentes a mesma parte importante do noso Folclore Tradicional recuperado polo equipo de investigación da nosa asociación durante estes últimos anos. Dado que esta información nos foi entregada de xeito absolutamente gratuito polos nosos maiores, así nos quixemos entrega-la coa esperanza de que desta maneira se faga coas xeracións vindeiras. Consideramos que, aínda que é reconocible o laborioso traballo de recuperación e análise, isto non nos fai donos exclusivos da devandita tradición que de non ser espallada e divulgada corre o grave risco de ser expoliada, perpetrada e incluso esquencida ou sustituida por algún outro modelo alleo. Esto nos fai ser conscientes de que, o noso traballo desinteresado se convirte nunha obriga nesta mesma hora de divulgación e información urxente e por iso poñemos nela todo o noso
empeño.


A ACF O Fiadeiro organiza estas xornadas de portas abertas, coa fín de posibilitar o contacto co folclore tradicional galego a tódalas persoas que así o desexaron, ofertando un variado número de actividades e cursiños formativos e informativos impartidos por expertos nos temas a desenrolar. Tódolos cursiños e aulas así como a participación en talleres e exposicións son de carácter gratuíto e aberto a tódolos asistentes. Celebraranse no local da S.C.R.D de Pardavila na Avda de Ramón Nieto 118 de Vigo os vindeiros 17 e 18 de Xaneiro en horario de dez da mañá até oito do serán do sábado e de once da mañá até as nove da noite do domingo. Haberá cursiños de música tradicional, percusión tradicional, baile, instrumentos?así como exposición-museo, conferencias e actuacións (adxuntamos programa). Na sua primeira edición as Xornadas de Portas Abertas acadaron un total de duas mil visitas.


Sábado 17

10.00 a 11.30: Perfeccionamento de gaita (Diego Mariño)
10.00 a 11.30: Iniciación ó baile tradicional (Xurxo Martínez)
12.00 a 13.30: Guitarra (Jorge Villar)
12.00 a 13.30: Iniciación a percusión (Iago Barreiro)
16.30 a 18.00: Técnicas de pandeireta (Sonia Rodríguez)
16.30 a 18.00: Curso de pasamanerías (Begoña Martínez)
16.30 a 18.00: Baile tradicional (Fco. Javier Feijoó)
18.30 a 20.00: Polifonía aplicada ó canto tradicional (Fco. Javier Feijoó)
18.30 a 20.00: Baile tradicional. Punteadas (Sonia Rodríguez)
Horario do museo: 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.30


Domingo 18

12.00 a 13.30: Canto e percusións tradicionais (Carlos Álvarez)
12.00 a 13.30: Perfeccionamento de percusión (Miguel Souto)
16.30 a 18.00: Cantares dos agarrados do Condado (Javier Barciela)
16.30 a 18.00: Baile tradicional. Jotas (Miguel Souto)
18.30 a 20.00: Curso de orientación de voz (Sandra Dieguez)
18.30 a 20.00: Danzas do mundo (Sira Pereira)

20.30: Actuación didáctica da agrupación da A.C.F. O Fiadeiro

Horario do museo: 12.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.30


Lugar: Avda. Ramón Nieto 118 (S.C.R.D. Pardavila)
Máis información no teléfono 629 585 355 ? 986 253 585
www.ofiadeiro.com ? ofiadeiro@ofiadeiro.com
Tódolos cursos son gratuítos


>ACF O Fiadeiro
>Apdo de correos 1969
>36200 Vigo
>www.ofiadeiro.com
>ofiadeiro@ofiadeiro.com
>tlf: 629 585 355 / 986 253 585


Presentación do disco libro OS DEZAS DE MONEIXAS , con Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.

Mensaje: 17
Fecha: Tue, 13 Jan 2004 01:45:47 +0100
De: "Alberto Granja \(K.G.\)" <atreides@ctv.es>
Asunto: presentación disco libro "Os dezas de Moneixas"

Boas!! con todo o orgullo do mundo enviovos este convite a todos/as os que queirades aparecer por lalin a presentacion deste traballo de recuperacion da musica dos Gaiteiros "Os Dezas" de Moneixas, Lalin.

Este libro-disco por fin editado ten para min e para meus compañeiros de grupo unha grande valor sentimental, xa que a recuperación da memoria historica dos dezas foi un dos motivos que levou a meus compañeiros a fundar o grupo "Froitos do Deza" ala no ano 90 ó que eu e meu irman xuntámonos no 92, e no que levamos dende aquelas tocando o seu repertorio e tentando recuperar todos os documentos, gravacions, testemuñas e o que boamente poidemos, que forman a parte mais importante deste libro disco que se edita.
Tamén é sentimentalmente importante para nos xa que en certa medida e outra homenaxe a figura de Luis Areán, traxicamente falecido en accidente de circulacion fai tres anos, alma mater de Froitos do Deza, virtuoso da traveseira, requinta e canta cousa servira para facer música, estudioso das bandas de música populares, ideologo da creación do conservatorio de folque de Lalín e sobre todo ¡¡¡GAITEIRO!!! (asi.. con maiusculas e admiracións) e centos de adxetivos que agora non veñen o caso por non facer demasiado extensa esta nota...

Na presentación aparte da "presentacion" haberá unha interpretación por parte de Froitos do Deza de 4 temas dos dezas, e Edelmiro Fernandez e outros alumnos da aula de gaita do conservatorio interpretaran outros dous temas (a dia de hoxe ese é o programa).. calqueira que teña interese en saber mais que non dubide en mandarme un mail, ou chamarme o 658911492.

por certo.. teño un scaneado da portada do libro disco e se alguen quere recibila que me mande un mail

e tamen.. decirvos que o libro-disco xa esta a venta.. seu precio é entre 18-20 euros, pero se alguen quere mercar un, na Asociación Cultural "O Naranxo" de Lalin, temos a venta o lote de discos que nos correspondeu como co-financiadores da edición o prezo de 13 euros/unidade mais gastos de envio. Se o queredes pedidemo e volo envio contra reembolso.

mais nada!


CONSERVATORIO DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE DE LALÍN.

Desexamos convidalos á presentación do disco libro OS DEZAS DE MONEIXAS que se celebrará o dia 16 ás 20.30 horas no Museo Ramón Aller de Lalín.

OS DEZAS DE MONEIXAS.

A gravación dos Gaiteiros Os dezas de Moneixas son unha recopilación de informacións documentais inéditas na sua prática totalidade, procedentes de fontes orais e documentais directas, tanto sonoras como graficas, sobre a actividade musical do grupo de Lalín.


En un traballo sen precendentes en Galicia, os autores (equipo documental do Conservatorio de música tradicional e folque de Lalin) aportan noticias sobre as persoas, os instrumentos, as actividades e o entorno do grupo desde os inicios das suas actividades en 1927 ata a sua desaparición xá nos anos oitenta.


A obra inclue unha selección das mellores gravacións de campo que se realizaron aos Dezas en distintos periodos, asi como tamém material dos discos matrices inéditos conservados pola familia do director do grupo José Benito Gonzalez. Estas gravacións estan acompañadas por unha seleccion de documentación grafica de distintos periodos comprendendo fotografias e outros grafismos como publicidades ou carteleria.


O traballo presentado en un formato especial de máxima calidade inclue libreto explicativo en tres idiomas tendo como idioma principal o galego.

O GRUPO

Os Dezas de Moneixas supoñen para o conxunto da música tradicional galega unha das principais referencias do século XX. Desgraciadamente o feito de non teren publicado gravacións en vida do grupo, supuxo que con o paso do tempo o seu referente comezase a debilitarse.

A comunicación entre a emigración galega e os seus familiares mudou radicalmente cando nos anos 60 se universalizou o uso do magnetófono. Os Dezas de Moneixas participaron na gravación de unha serie de fitas enviadas a familiares en Caracas que hoxe se nos descobren como un documento de excepción. AS CARTAS SONORAS.


O DOCUMENTO - A RESTAURACIÓN SONORA


____

As gravación dos Gaiteiros Os dezas de Moneixas son unha recopilación de informacións documentais inéditas na sua prática totalidade, procedentes de fontes orais e documentais directas, tanto sonoras como graficas, sobre a actividade musical do grupo de Lalín.


En un traballo sen precendentes en Galicia, os autores (equipo documental do Conservatorio de música tradicional e folque de Lalin) aportan noticias sobre as persoas, os instrumentos, as actividades e o entorno do grupo desde os inicios das suas actividades en 1927 ata a sua desaparición xá nos anos oitenta.


A obra inclue unha selección das mellores gravacións de campo que se realizaron aos Dezas en distintos periodos, asi como tamém material dos discos matrices inéditos conservados pola familia do director do grupo José Benito Gonzalez. Estas gravacións estan acompañadas por unha seleccion de documentación grafica de distintos periodos comprendendo fotografias e outros grafismos como publicidades ou carteleria.


O traballo presentado en un formato especial de máxima calidade inclue libreto explicativo en tres idiomas tendo como idioma principal o galego.

_____________________________________

EditaOuvirmos

Dirección artística. Ramón Pinheiro Almuinha

Productor ejecutivo. José Manuel Aldea Moscoso

Restauración sonora. Pablo Barreiro.

Investigación documental.Aula de Teoria e Método do Conservatoiro de música Tradicional e Folque de Lalín. 1ª promoción. Texto central: Luisa Areán

Patrocinan: Concello de Lalín, A.C.O Naranxo, Improtec Stones, Unipro.

Colaboran: CMTF de Lalín, Radio Galega, Patronato Cultural de Lalín.

www.ouvirmos.com

Folla promocional. Foto.

www.bandua.com/info/folque


Conselleiro ¿de qué? ¿de quén?

Da burla negra mándannos o enlace pra ouvir da propia boca de Pérez Varela (en serio é este o noso conselleiro de cultura?????) demostrar que coñece moi ben a tódolos "persoeiros" que van achegar á Galiza a esa cantidade de
xente tan importante durante o Sacocheo, e que fará que isto non sexa unha "feira", como pretendemos catro matados. Tanto complexo de inferioridade fede por todos lados...

>From: Pepa Yáñez Anllo <pepa_yanez@yahoo.es>
>Reply-To: burlanegra@amelgaweb.org
>To: burlanegra@amelgaweb.org
>Subject: [Burla Negra Musicos] sacocheo 2004
>Date: Thu, 8 Jan 2004 18:01:02 +0100 (CET)
>
>Xa podedes escoitar a Entrevista de Tino Santiago a Pérez Varela coa "pogramación" musical para o Sacocheo 2004. Amigos ¡que cultura musical tiene este hombre! Por favor, non perdades ocasión de oílo !!!! Si Carmiña Burana levantara la cabeza... Aqui a tendes:

http://www.cadenaser.com/player.html?audioFile=20031231csrcsrnac_1.Aes
>
>Outro dato máis:
>Preguntado polo seu parecer sobre a proposta da ex-parlamentar Pilar García >Negro de garantir que polo menos a metade dos artistas contratados fosen >galegos, o conselleiro respostoulle a esa señora que o Xacobeo non é unha >feira, e a ver se nos poñemos serios. Aos do non faltoulles tempo para >protestar.


Sen embargo, aos "da feira" nos valoran mais fóra que aquí:tres galegos no Celtic Connection de Glasgow

O gaiteiro Xosé Manuel Budiño e os membros de Berrogüetto Guadi Galego e Guillermo Fernández foron seleccionados para representar a Galiza no espectáculo Harvest, un proxecto de Donald Shaw, membro fundador do mítico Capercaillie, que abrirá o Festival Celtic Connections o 14 de xaneiro en Glasgow. Trátase dun concerto homenaxe ás culturas celtas no que participarán 100 músicos bretóns, escoceses, irlandeses, asturianos e galegos. Uns 75 mozos da nova xeneración de músicos tradicionais escoceses actuarán a carón das 'superestrelas' dos países celtas: Gilles le Bigot (Bretaña), Gerry O'Connor (Irlanda), Chus Pedro (Asturias), Karen Matheson (Escocia), entre outros.
Mais información: http://www.celticconnections.co.uk/celtic/index.cfm Ollo ao programa, quen poidera !!!

Para que practiquedes inglés...

Wednesday, January 14, 2004 7:30 pm - Auditorium
Tickets: £12.50
Concessions may be available for certain events, please ask at the time of booking.
Featuring: Donald Shaw, Denez Prigent, Siberil Soig, Veillon Jean Michel, Gilles le Bigot, Karan Casey, Guadi Galego, Xose Manuel Budino, Guillermo Fernández, Chus Pedro, Jose Manuel Tejedor,

E outra proba de que nos valoran mellor fora !!!!: TRES DISCOS GALEGOS ENTRE OS DEZ MELLORES NA LISTA DE FROOTS DE NADAL (unha das publicacións mais prestixiosas, e recoñecidas no "mundo mundial" de folk. ¿Que carallo pasa cos nosos conselleiros ???

"Ajrú" de Mercedes Peón, "Madama" de Leilía e "Marmaludas" do grupo belga Ialma aparecen na revista fRoots coma uns dos dez mellores discos do més.

Aquí tendes o taboeiro completo:

1) Mercedes Peón: Ajrú
2) Corey Harris: Mississippi To Mali
3) Amparanoia: Enchilao
4) Pete Morton: Swarthmoor
5) Culture Musical Club: Waridi
6) Leilía: Madama
7) Ialma: Marmaludas
8) Faytinga: Eritrea
9) German Diaz: El Sueter De Claudia
10) Mostar Sevdah Reunion: A Secret Gate



CICLO DE MÚSICA TRADICIONAL "A CASA DO COTO", EN TOMEZA.

A casa do Coto está situada na subida a San Cibrán de Tomeza, a 5 minutos
de Pontevedra e abre as súas portas de xoves a domingo a partir das 19:30
h . Recoméndovos que visitedes a súa páxina web, www.acasadocoto.com .

Durante o mes de xaneiro vaise celebrar organizado por Picuiña (Grupo de
gaiteiros), e a propia CASA Do COTO unha serie de concertos de cuartetos
de gaita:
> > Venres 9: MAL DE LINGUAS ( VIGO)
> > Venres 16: ANACOS DE BUXO ( VIGO)
> > Venres 23: OS LERENSES (PONTEVEDRA)
> > Venres 30: PICUIÑA ( MARÍN)
> > Antes de cada concerto tentarei pasarvos información dos
cuartetos que van a participar, indicar que estos concertos estan pensados
como unha festa, e invitamos a todo o mundo a participar nela.
En canto os primeiros en participar, MAL DE LINGUAS, indicar que
entre outros exitos foron finalistas nas duas últimas edicións do
concurso de Sanxenxo e tamén no Memorial Ricardo Portela do 2003.

FESTIVAL DE ORTIGUEIRA 2004

Aínda que son maís de seis meses os que nos separan da próxima edición do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, a Revista de Información Municipal do Concello de Ortigueira no seu número 2 (decembro-2003) salienta as seguintes notas a modo de avance:
As datas de celebración serán o 9, 10 e 11 de xullo de 2004.
A Organización aposta pola multiplicidade de escenarios.
Preséntase o traballo fotográfico de Xan Piñón "A paisaxe humana", un retrato social a tamaño natural das xentes que coa súa presencia "fixeron real un festival mítico da música popular e tradicional do mundo".

Así mesmo, e trala suspensión do concerto conmemorativo do 25 aniversario do Festival polas condicións meteorolóxicas, a Organización do Festival fai pública hai tempo a través da súa web (www.festivaldeortigueira.com) a participación de Carlos Núñez e The Chieftains, probablemente o día 11 de xullo.

CURSOS MONOGRAFICOS DO CONSERVATORIO FOLQUE DE LALIN

Esté é o primeiro trimestre de monográficos para o novo ano 2004, Ano da Música Galega en Pontevedra e Centenario do primeiro disco galego "Aires da Terra".
O CMTF de Lalín deséxanos un ano cheo de música, respeito e dignidade.

MONOGRÁFICOS FOLQUE.
1º trimestre 2004
Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
______________________________________________


XANEIRO.
-10 de xaneiro.Duración trimestral.
Monográfico de guitarra. Imparte: Ramón Feans
Monográfico de pandeireta. Imparte: Davide Salvado.

- 24 e 31 de xaneiro. 2 horas cada dia.
Monográfico de Formación escénica para músicos. Imparte: Xurxo Troncoso

FEBREIRO.
-7 de febreiro. Todo o dia
Monográfico de baile galego vs.danza contemporanea.
Imparte:Jaime Diaz e Vicente Colomer (Nova Galega de Danza. A Coruña)
(introducción ás distintas técnicas da danza clásica, contemporanea a nivel básico e fusionar , a danza contemporanea coa tradicional)

MARZO.

Monográfico de formación técnica en escena: monitoraxe, microfonia... Imparte:Jurjo Pinheiro.

-20 de marzo. Todo o dia.
Monográfico acordeón diatónico. Imparte: Cati Plana (Cataluña)
(BUSCA CATI PLANA EN INTERNET ALGUMA FOTO E CURRICULUM DEVE APARECER)

MAIS INFORMACIÓN:
http://usuarios.lycos.es/folque
tlf.669 53 55 27
Inscripción no e-mail : folquelalin@hotmail.com
www.bandua.com/info/folque

EL MUNDO DE LAS CASTAÑUELAS

http://www.spolo.jazztel.es/index.html

Esta páxina ven de ser reformada completamente. Neste mes ampliaron o museo con 18 novas pezas de Galicia pertencentes ao Centro de Artesanía e diseño de Lugo e naBiblioteca novas fichas bibliográficas.

Con casi 400 páxinas de documentación e máis de 600 fotografías

 

PARA CHORAR.... Informacións sobre o Prestige

http://www.milinkito.com/prestige/prestige.html Merece a pena votarlle un vistazo. Non respondo das "fontes", mais visto o visto, seguro que é certo !!!

 

Premio Internacional de Investigación Etnográfica "Ángel Carril"

La Diputación de Salamanca acaba de convocar, en su primera edición, el Premio Internacional de Investigación Etnográfica "Ángel Carril", que pretende destacar el mejor trabajo de investigación etnográfica relacionado con la cultura tradicional de Salamanca, Castilla y Léon, España, Iberoamérica o la cultura sefardí. Al mismo tiempo, este Premio quiere mantener viva la memoria del folklorista y etnógrafo "Ángel Carril". Los trabajos podrán versar sobre cualquiera de las facetas que conforman la cultura tradicional de los ámbitos territoriales descritos en el punto segundo (Usos y costumbres, indumentaria, arquitectura tradicional, la tradición oral, etnomedicina, etnometeorología (esto qué carallo é...??), fiestas, gastronomía (esto é o noso, realmente), artesanía, expresiones musicales, espiritualidad popular, etc.).<o:p></o:p>Se concederá un único premio dotado con 12.500 ?. Como consideramos que esta información puede ser de interés para ustedes, les rogamos que, si lo creen conveniente, la difundan. Para ello les enviamos el extracto de las bases del Premio en un documento Word. También les podemos enviar las bases completas en pdf, o el Boietín Oficial de la Provincia del 2 de diciembre de 2003, en el que se convoca el Premio.Huelga decir que no duden en escribirnos para cualquier información adicional que necesiten. No obstante, pueden encontrar toda la información en la página web de homenaje a Ángel Carril: www.lasalina.es/angelcarril , en los apartados programa>premio internacional y día a día.Además, si visitan

http://www.lasalina.es/angelcarril/biografia/musica.html

pueden escuchar música que interpretó o editó Ángel Carril. Contamos con su ayuda para logar la máxima difusión de este Premio. Muchas gracias.Atentamente, María Jesús Rodríguez MacíasDepartamento de CulturaDiputación de Salamanca

NOTA: AS BASES E NORMAS PÓDENSE CONSULTAR EN

http://groups.msn.com/amigosdelfolk/general.msnw?action=get_message&mview=1&ID_Message=5569

PROXIMOS CONCERTOS

17 / 12 / 03
OS CEMPÉS Bando - San Marcos (Santiago de Compostela)
Radio Galega

19 / 12 / 03
LAMATUMBÁ Ordes
Pub Badulake

19 / 12 / 03
20:00 SONDESEU Cee (A Coruña)


20 / 12 / 03
LAMATUMBÁ Ourense
Sala La Burbuja
Homenaxe ós Suaves

2 / 1 / 04
OS CEMPÉS Ferrol Festas do Nadal
10 / 1 / 04
OS CEMPÉS Cangas
Auditorio

14 / 1 / 04
OS CEMPÉS Ourense
Sala Muidiño

15 / 1 / 04
OS CEMPÉS Compostela
Sala Nasa

16 / 1 / 04
OS CEMPÉS Vigo
Sala Sete Mares

22 / 1 / 04
OS CEMPÉS Lugo
Sala Clavicémbalo

29 / 1 / 04
OS CEMPÉS A Coruña
Teatro Rosalía

30 / 1 / 04
OS CEMPÉS Carballo
Auditorio








DISCOS PARA O NADAL: A MERCAR MÚSICA GALEGA (coidado co e-mule e esas cousas...)



12/11/2003

Como é habitual, a época de Nadal presentase movidiño para os lanzamentos discográficos: Xistra, Budiño, Os Cempés... Preparade os cartos para mercar agasallos!

Xistra presentará o seu novo disco, xa nas últimas fases de mistura, o día 21 do próximo mes, en Vigo. Se todo vai ben, estará nas tendas por esas datas. Tamén esperase que esté o anunciado disco de Budiño e o directo de Os Cempés, grabado o mes pasado en Vigo. Uxía e Brañas Folk tamén están grabando novo disco, pero vai para largo...

 

Mejor trabajo música celta 2003


A pocas semanas para terminar el presente año, desde la web Iregua hacemos una propuesta para valorar la producción en cuanto a música celta que se ha realizado durante el 2003. Esto nos servirá para conocer y valorar mejor los distintos trabajos (no solo técnicamente) que bajo el nombre genérico de "Música celta" se han realizado en nuestro país, así como en otros lugares del mundo.
Para participar en esta nueva consulta hemos creado un formulario en el que se pueden incluir hasta tres discos, tanto españoles como extranjeros. Los resultados los iremos actualizando conforme vayan llegando, ahora sólo nos queda animaros a que participéis.

El enlace al formulario es el siguiente:

http://www.iregua.net/forms/form7mc.htm

El enlace a los resultados provisionales es el siguiente:

http://www.iregua.net/musica/favoritos/dis2003.htm

Un saludo

Juan Carlos y Jesús

http://www.iregua.net
http://es.groups.yahoo.com/group/Iregua
http://boards.melodysoft.com/mitologiacelta
Web de música y cultura celta

--------------------------------------------------------------------------------


CURSO DE PERCUSION AFROBRASILEIRA en LALÍN
> Organiza: Gaiteiros Froitos do Deza de Lalín.
>do 29 de novembro a xuño
> de 4 a 6 da tarde (dous niveis
lugar: casa da xuventude de Lalín.
Prezo 30 euros mes
imparte : Xurxo Troncoso
contactos dudas comentarios xurxo: 605413119 ou Desi: 651093946.

--------------------------------------------------------------------------------


Nova Galega de Danza

Mensaje: 3
Fecha: Wed, 3 Dec 2003 22:22:47 +0100
De: "José J. Presedo" <jpresedo@arrakis.es>
Asunto: Nova Galega de Danza

Hola.

Nova Galega de Danza es una agrupación de 15 miembros
(seis bailarines, tres técnicos y seis músicos) de reciente
creación. Este verano ya ha actuado en varias ciudades de
Galicia y en Madrid con notable éxito. A pesar de su nombre,
no son sólo un ballet (y mucho menos "uno más"). Pasean un
espectáculo de música, color, luz y, por supuesto, baile de
muy buena calidad. Incluso no sintiéndose uno atraido por el
baile puede disfrutar de lo lindo con ellos. Las músicas son de
Xosé Lois Romero y Pedro Lamas, dos de los Doce Polainas
Enteiras.

Los músicos:
Acordeón: Xosé Lois Romero (Ex-Lelia Doura) o Suso Iglesias.
Gaitas/Saxo: Pedro David Lamas (Ex- Lelia Doura, Luvas Verdes)
Violín: Xabier Cedrón (ex Luar Na Lubre, prof. Conserv. A Coruña)
Guitarra: Dani Sisto (Ex Luar na Lubre, Calimbornio)
Voz: Xabier Diaz (Ex Xacarandaina, Rumbadeira, Colab. Berrogüeto)
Percusión: Melo Suárez (Luvas Verdes)

Pues bien, me cuentan que los podremos ver en las principales
ciudades gallegas en marzo del año que viene:

5-3-04 Ourense Teatro Principal
6-3-04 Vigo Teatro García Barbón
7-3-04 A Coruña Teatro Rosalía Castro
8-3-03 Pontevedra Auditorio do Pazo da Cultura
4 ó 9-3-03 Lugo Teatro Gustavo Freire.

Os lo recordaré más cerca de las fechas pero tomad nota
en vuestras agendas porque es un espectáculo fresco y diferente
que merece la pena.

También actuarán este mes de diciembre en Ribeira
(dia 27) y en Vigo (García Barbón) junto a las otras
tres compañías de danza ganadoras del
'1º certame coreográfico de galicia' el dia 17.

Un Saludo.

--------------------------------------------------------------------------------


Foliadas na sala NASA en Santiago de Compostela

Mensaje: 7
Fecha: Mon, 24 Nov 2003 09:42:14 +0100
De: "Roberto Rama Castroagudín" <CALY@OZU.ES>
Asunto: As foliadas na sala nasa

En vez do primeiro mércores será o terceiro mércores
de cada mes dende xaneiro a abril, na sala nasa as 21:30.
Haberá grupos tocando, mais ou menos tres ou catro por
noite, e xogos tradicionais.
Xa nos veremos

--------------------------------------------------------------------------------


Experiencias para o Foro Negro


Fecha: Tue, 25 Nov 2003 13:12:25 +0100
De: Raquel Gamallo <gamallo@mundo-r.com>
Asunto: Fw: Experiencias para o Foro Negro


Ola amigos/as:


Poñémonos en contacto con vós dende a organización do Foro Negro, que como sabedes organiza a Plataforma Contra a Burla Negra os días 13 e 14 de decembro en Compostela e da que vos facilitamos máis información na folla adxunta e na web http://burlanegra.vieiros.com/foronegro/. Trátase dunha convocatoria aberta a todo o mundo e na que nos gustaría que participasedes toda canta xente vos dedicades á cultura de xeito independente. No Foro trataranse diversos temas e en diversas Zonas de Traballo, estades convidados a formar parte de todas elas. Pero ademais disto quixeramos contar con vós en concreto para que participedes na zona "Experiencias". E así mesmo, rebotarlle a convocatoria a quen creades que pode ter algo que contar...

Experiencias é un espacio aberto a quen queira presentar unha experiencia de cultura independente (iniciativas creadas e desenvolvidas fóra do ámbito das institucións e que antepoñan o interés comunitario á prioridade comercial): festivais, espacios, empresas ou cooperativas, revistas, xornais, editoras, creación en internet, escolas, obradoiros, asociacións culturais, salas, teatros, circuítos, estudios de gravación, galerías de arte, deseño, emisoras de radio e tv, programacións, creación poética, etc.

Todas as intervencións serán rexistradas en vídeo e/ou audio. Todo este material e o resto de documentación aportada será volcado na páxina de internet da Burla Negra para conformar un catálogo que sexa accesible a quen o queira consultar e que nos sirva de base de cara a establecer unha rede cultural alternativa.

Inscricións

Se queres participar contándonos a túa experiencia, envíanos os seguinte datos antes do 6 de decembro:


- 10-15 liñas de descrición do proxecto-experiencia,
- persoa/grupo responsable e forma de contacto,

É importante que o veñas contar en persoa e en directo. Cada experiencia dispón de 10 minutos para a súa presentación. Pero se por algunha razón non podes vir nin enviar a alguén, mándanos un texto e o incluiremos no catálogo final.

O Foro confirmaráche a túa participación antes do 11 de decembro, indicando a hora da túa intervención.

A presentación das experiencias terán lugar ao longo da tarde do 13 de decembro no auditorio pequeno do IGI.

Sería de gran utilidade que o día 13 de decembro deixases na oficina do Foro Negro algún material que servise para documentar a túa experiencia: 1/2 fotografías ou 1 exemplar do catálogo, programa, cartel, Cd-rom, Cd, cinta de vídeo, DVD...



O Foro Negro celebrarase no Instituto Galego de Información, situado na saída da cidade de Santiago cara ao aeroporto de Labacolla, xusto na subida a San Marcos. Hai un autobús urbano que para a 200 m. - O sábado 13 de decembro entre 16h. e 23h. e o domingo 14 de decembro entre 16h. e 21h. - Contactos: burlanegraforonegro@yahoo.com.br

 

- Homaxe ao Gaiteiro, 22 de novembro ás 19:30 no teatro García Barbón de Vigo.

15ª edición deste acto, adicado a homenaxear a grupos e persoas adicadas á cultura da música galega (gaita, pandeireta, acordeón, tambor...). Este ano ademáis das actuacións dos homenaxeados, actuarán Ardentía, Sondeseu, e Fiadeiro.

A entrada é gratuita, e pódese recoller anticipadamente. Para obter información ou reservar entradas, chamade ao tlf. 986 460736

- I MOSTRA DE CUARTETOS TRADICIONAIS, terá lugar do 3 o 8 de Novembro deste ano.
Constará dunha exposición, conferencia e mesa redonda que terán lugar no museo Manuel Torres de Marín e un concerto nun sitio ainda por determinar.
O cuarteto que homenaxean nesta primeira edición serán os ENXEBRES DE CACHEIRAS, a exposición haberá fotrografías e outros obxetos do cuarteto antecesor dos actuais ENXE-BRES DE CACHEIRAS.
A conferencia será impartida por PABLO SEOANE.
O moderador da mesa redonda será Iván Costa Blanco están pendentes de confirmación o resto dos participantes.
O concerto correrá a cargo dos ENXEBRES DE CACHEIRAS e PICUIÑA.

Pódese apuntar un para asistir en persoa aos eventos, e mesmo para velos a través da rede (gratuitamente en ámbolos dous casos).

Máis información en: http://www.geocities.com/mostradecuartetos/

 

- Actividades con motivo do 60 aniversario do Grupo de Baile e Música Tradicional
Brincadeira

Charla-Mostra: A Cadea crítica nos nosos instrumentos. A cargo de Xavier Blanco. O 25 de Outubro, ás 12:00 Hotel Virxe da Cerca, de Santiago

Festival Conmemorativo 60 anos. O 25 de novembro ás 21:00 no Auditorio Galicia, de Santiago.

Máis información en www.ravachol.org

 


   
Software: Internet Explorer   Encore   Windows Media Player   Acrobat Reader