|
29-Novembro
2007
DOMINGOS
DE LECER na zona vella de Ourense durante o mes de Decembro.
Boas
a tod@s
Dende a Asoc.Cultural
AOFT GOMESMOURO querémosvos convidar aos "Domingos de
Lecer", que durante este mes de nadal terán lugar na
zona vella de Ourense.
Os es as "GomesMouro" coordinamos unha serie de actividades
vencelladas á música tradicional (coa colaboración
do Centro Cultural Xaquín
Lorenzo): obradoiros de iniciación, charlas, seráns
e concertos que faremos nunha carpa na explanada das Burgas. Os
obradoiros (para tódolos públicos), serán pola
mañá, de 12 a 14 hs, fundamentalmente prácticos
e participativos, e comezamos este Domingo día 2 cun "Obradoiro
de iniciación ao baile", para logo poñer en practica
nos concertos e seráns a partires das 17 hs con varios grupos
e asociacións ourensáns.
Así que , ánimarse a participar, e en calquera caso,vos
agradeceríamos que difundirades esta información a
quén poidera interesar.
Unha aperta.
Fran X Gomez
AOFT GOMES MOURO
Acompañamos
a PROGRAMACIÓN EN PDF nos seguintes links: Carátula
Programa

5-Xuño
2007
VENRESPIRAR.
Lembrade! Este venres día
8, Venrespirar no Don GAETANO, no barrio
da Ponte, onde a Ponte romana.
XUÑO
2007
Comeza
o mes de Xuño bastante completo de concertos da Aula GOMES
MOURO
Para
empezar, este Xoves 7 de Xuño,
a partires das 19 hs. tocaremos na CEA
DO BOI en Allariz.

O
domingo, 10 de Xuño, Alborada
no Concello de Vilar de Santos.
O
Xoves 14 de Xuño, participaremos
na gravación da Gala ALALÁ,
no Teatro Colón na Coruña.
Xoves
26-abril 2007


8-febreiro-2007

Este
mes de febreiro comezan os esperados VENRESPIRAR!!!,
en Ourense, ( festas itinerantes de Música e Baile, organizados
pola Asociación cultural Algaravía e a Aula de Música
Tradicional "Gomes Mouro").
Faranse o segundo venres de cada mes agás o último,
(no mes de Xullo), que é no primeiro venres, cada un nun
local diferente da cidade de Ourense.
A Primeira das festas é mañá venres 9 de febreiro
no "LICEO" Ourensán, (Lamas Carvajal, 9 - Cerca
da Catedral)
O obxectivo que se busca é contribuír á difusión
da música e a danza galega dun xeito normalizador intrínseco
á cultura do país, e reclamar espazos de ocio e cultura
ao sentir tradicional.
Animádevos
a vir e participar!!!
Decembro
2006
Complácenos
convidarvos ao Orgullo Gaiteiro 2006. Podedes descargar o programa
completo en pdf (2 megas) con información dos homenaxeados
e conferenciantes eiquí
VENRES
15 de decembro do 2006
21:00 hs Orgullosa festa gaiteira, con música "ao
vivo"
Local da Asociación Cultural A ESMORGA,
rúa Telleira 9 (zona universitaria)
SÁBADO
16 de decembro do 2006
15:00 a
17:00 hs ; LUME NA PALLEIRA
Programa da Radio Galega adicado á nosa música, en
directo dende Ourense, con Emilio Españadero.
18:00 hs Charla-coloquio: "O estudo
reglado da gaita" con Xose Lois Miguélez
Saínza, "Pilís", gaiteiro e saxofonista
ourensán que ven de convertirse no primeiro titulado superior
de conservatorio en música tradicional galega, especialidade
de gaita, da historia do noso país.
19:00 hs
Charla-coloquio: "Orgullo, tradición e mercado"
con membros da familia de artesáns "Seivane",
presentando a súa nova web www.seivane.es .
20:00 hs Actuación do grupo ANACOS DE BUXO
no intermedio
ACTO DE HOMENAXE
- Emilio
Españadero, director e conductor do programa da
radio galega "Lume na Palleira", que este ano celebra
o seu décimo aniversario, dez anos de radio por e para a
música do noso país.
- Faustino
Santalices ("in memoriam"), gaiteiro e zanfonista
ourensán, pioneiro na recuperación, estudo e valorización
do noso patrimonio musical. Recollerá o premio o seu fillo,
tamén D.Faustino Santalices.
Tódolos actos no Ateneo de Ourense (Edificio Torre , parque
de San Lázaro)
22:30 hs
: CEA-HOMENAXE no restaurante
do Centro de Servicios AIXIÑA, rúa da Farixa 7 , finca
Farixa (ao lado do Pavillón de Finca Sevilla) . Prezo 15
euros PLAZAS RESERVADAS, necesaria reserva previa ate o xoves día
13, no e-mail orgullogaiteiro@ya.com e nos teléfonos 609022512
e 606777718.
Mais información
nos teléfonos: 606777718 Fran X Gomez
629875063 Castor Castro

Luns
27-novembro-2006

Programa
Alalá adicado ás nosas investigacións para
o Catálogo de Música da Limia: Música Tradicional.
Mañá
martes 28, ás 21:45 horas,
emitiráse o programa sobre o traballo desenvolvido na comarca
da Limia para a compilación do material do que saiu o Catálogo
de Músicos Tradicionais da Limia. Ademáis os membros
da Aula de Música Tradicional Gomes Mouro interpretaremos
pezas interesantes das recollidas na comarca da Limia..
Luns
13-novembro-2006

A Asociación de Gaiteiros
Galegos organiza o I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Galega.
Tentando
cumprir un dos seus principais fins, a normalización da cultura
musical de Galicia, a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG),
ente que representa non só a gaiteiros, senón tamén
a todo tipo de músicos tradicionais, bailadores e demais
xente implicada no folclore musical galego, organiza o primeiro
congreso de ensinantes de música e baile tradicional.
O I Congreso
de Ensinantes de Música Tradicional Galega celebrarase no
Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela os días 18
e 19 de Novembro e vai dirixido a todo tipo de docentes, xente interesada
neste tipo de ensino e, especialmente, a estudantes universitarios,
para os que a asistencia contará como créditos de
libre elección para Universidade de Vigo e está en
trámites para a Universidade de A Coruña.
Para descargar o progama e boletín de inscrición faga
click aquí:
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/programacongreso.pdf
Para descargar
só o boletín de incrición en formato word faga
click aquí:
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/inscricion_congreso.doc
Iván
Area forma parte do comité organizador do congreso.
Cástor Castro participará na mesa redonda sobre a
relación música tradicional-música folk.
Venres
10-Novembro-2006

O
gaiteiro ourensán Xosé Luis
Miguelez Saínza, Pilís, ven de convertirse
no primeiro titulado superior en música
tradicional, especialidade de gaita, da historia.
O vindeiro
21 de novembro ás 8 do serán, Miguélez ofrecerá
o seu concerto de fin de carreira co
que dará esta por finalizada. Este é un fito realmente
histórico polo que estaremos a compañalo e felicitalo
como se merece.
Non volo
perdades:
Auditorio
Martín Codax do Conservatorio Superior de Música.
Manuel Olivié, nº 23 36203 VIGO Telf: 986 471144
Martes 21 de novembro ás 20 horas
Dende eiquí,
moitísimas felicidades.
www.xlmiguelez.com
Descarga o programa
do concerto en pdf
Xoves
9-Novembro-2006

SEMANA
DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL
DO 6 AO 12 DE NOVEMBRO DE 2006
REVISTA ORAL VOZ AO VENTO
A LIMIA
O
vindeiro venres varios membros da Aula interviremos na Revista Oral
que se vai celebrar na Limia, Félix Castro e Fernando de
Vicente tocarán con Paco de Escornabois, e Cástor
Castro dará unha pequena charla sobre a figura dos cegos
músicos na comarca..
Eiquí
vai a programación.
10
de novembro | 20.00 h
Casa da Cultura do Concello de Xinzo
Obras homenaxeadas | Cantigueiro popular da
Baixa Limia. Xaquín Lorenzo (1973); Cancioneiro
popular da provincia de Ourense, a comarca da Limia.
V.V.A.A. (1997) e Vila de Calvos de Randín. Xaquín
Lorenzo Fernández e Florentino López
Cuevillas (1930)
Entidade colaboradora |
Centro de Cultura Popular da Limia
Actuación
musical de Ermelinda Seguín Matías, Laura Lorenzo
Seguín e Francisco Villarino Ojea,
Paco de Escornabois, acompañado por Fernando de Vicente e
Félix Castro.
1.
Portada musical
Paco
de Escornabois
Ermelinda Seguín, romance "La Gallarda"
2
"Vila de Calvos de Randín" A memoria, un acto de
redención Xosé Antón Corderí (5 min)
3.
Música. Ermelinda
Seguín, coplas de fiadeiro. Laura Lorenzo. Canto de reis.
4.
"Cancioneiro popular da provincia de Ourense II: A Limia"
Recuperación da memoría músical.
Francisco Xavier Álvarez Campos (10 min)
5. Música Paco de Escornabois.
6.
Cantigueiro popular da Baixa Limia. Creacións anónimas:
temas e motivos.
Delfín Caseiro (10 min)
7.
Música Laura Seguín. "O crime do tío
Rubio de Freixo".
8.
Herdeiros da tradición
8.1. Os músicos cegos ambulantes na Limia.(5 minutos)
Cástor Castro.
8.2. Coplas de entroido Alfonso Villarino Rodríguez (6 min)
8.3. Poesía dende a oralidade Lois Antón e Elia Rúa
(10 min)
8.4. Cantigas Grupo de teatro de maiores Xeito (5 min)
9.
Nós tamén facemos literatura oral Lectura de fragmentos
das obras seleccionadas.
Alumnado do Instituto Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela
de Xinzo de Limia (10 min)
10.
Música Ermelinda Seguín. Parrafeo do gaiteiro.
11.
Epílogo
Intervención final a cargo de Manoel Seoane,
Presidente do Centro de Cultura Popular da Limia
(5 min)
12. Contraportada musical
Paco de Escornabois.
Venres
27-outubro-2006

NOVAS
ANTERIORES
|