|
Sábado
3-xuño-2006 Encontros
de musica tradicional.
mosteiro do CARBOEIRO. silleda
Este
sábado 3 de xuño A asociación Cultural Santa
Ferreña organiza por oitavo ano estes encontros de música
Tradicional, cheos de música e actividades:
-
Dende a sesión vermú, co espectáculo de Títeres
Viravolta (Lalín), e máis varios grupos musicais da
bisbarra o
Regato de Matamulleres (de Liñares-A Estrada), O Arco de
Merza, os Gaiteiros de Saídres (Silleda), Xuntanza Gaiteiros
do Regato (Piñeiro-Silleda), Bico da Balouta (Agolada), Oskeai
(Callobre-A Estrada), Axóuxeres (Artois-A Estrada), Os Carqueixas
(Lamela-Silleda), e Pandereteiras de Zobra.
- Exposicións
Sons do tempo, de instrumentos antigos, con materiais de Carlos
do Viso, Cástor e Félix Castro, Oli Xiráldez,
Xosé Luís Mouriño, e Dubi Baamonde.
- Marionetas
da Casa do títere (Lalín)
- Feira
de artesanía: o taller A Laxe, de pizarra, madeira e cristal
(Teo), Arancaha (cerámica), ou Pili Silva (enxeños
artísticos en fimo dende Compostela)
-
Os Contacontos Celsiño & Palitos presentan Bicoca de
boca en boca.
Pódese
xantar, por 12 € (empanada, churrascada, ensalada, bo viño,
café... ) e despois, para asentar a comida, nada como unhas
bailas e uns xogos tradicionais para cativos e maiores.
Tamén
participarán xente de Toutón, Gandaina (Pontevedra),
Fontesuairas (A Coruña), A Gentalha do Pichel, Xacarandaina,
dos Crótalos, das Raigañas, Linho do Cuco.
Para máis
información, pódese falar coa presidenta de Santa
Ferreña, Chus Caramés, no número 658 628 239
(Información
extraída de Vieiros)
Venres
2-xuño-2006 VENRESPIRAR
Lembrámosvos
que hoxe Venres 2 de xuño terá lugar o quinto Venrespirar
do ano, no Café Don Gaetano,
no barrio da Ponte (Xunto a ponte romana), a partires das 22:00
hs. GMT (Gomes Mouro Time, é dicir, horario aproximado de
comezo). Xa sabedes festa tradicional, á que poder achegarse
pra tocar, beilar, e/ou escoitar e disfrutar_
Martes
28-marzal-2006 ADEUS
A "COVA FOLK" de CORUÑA
O pub senlleiro en toda Galicia en canto a programación
e ambente de música tradicional e folque, por onde pasaron
todos os grandes músicos destas músicas tanto do país
como a nivel mundial, acaba de pechar. Foron moitas as noites que
algúns de nós e de vós estivemos por alí,
e moitos os recordos.
Na
páxina de www.ghastaspista.com
podedes deixar mensaxes de despedida, enviar fotografías...
Mércores
15-marzal-2006 OLLO!
Novos emails
Por cambios nas
contas de correo etc., a partir de agora os correos
electrónicos á Aula de Música Tradicional
Gomes Mouro deberá ir dirixidas a castrovicente@telefonica.net
e franxose@emailpersonal.com
en tanto non creemos unha conta nova ao nome da Aula.

"ven
res pirar 2005-2006"
Pois á
volta do Nadal e demáis celebracións retomamos a actividade
habitual cos "Ven res pirar", que este ano seán
os PRIMEIROS venres de mes, e ampliamos o número de locais
a seis..
Estades invitados
todos a asistir, tocar, beilar, e disfrutar que é do que
se trata.

A
AULA DE MÚSICA TRADICIONAL GOMES MOURO de Ourense
convIdavos ao
"II DIA DO ORGULLO GAITEIRO"
Do 17 de nadal
do ano 1458 data o documento, achado polo escritor e historiador
Ferro Couselo, no que o gaiteiro Gomes Mouro, do que
a nosa Asociación toma nome é recibido como veciño
da vila de OURENSE. Esa data supón pois a primeira constancia
escrita da presenza dun gaiteiro na nosa cidade (a segunda en toda
Galiza), e foi tomada pola Aula desde hai xa varios anos como xornada
reivindicativa e lúdica arredor da nosa música
tradicional.
O pasado ano
2004 bautizamos esa data como o DÍA DO ORGULLO GAITEIRO,
un día no que fronte a universalización que nos conquista,
(tan enriquecedora e tan empobrecedora ao mesmo tempo), deixar ben
claro que a nosa música segue viva, animando a todos os músic@s
tradicionais (no sentido mais amplo de "gaiteiro"), a
facer un exercicio de auto-estima combativa fronte a outras músicas
que nos inundan, e coas que non competimos en igualdade de medios,
sobre todo en Ourense.
Determinados
"Fenómenos", protexidos oficial e mediáticamente
ate o de agora, comezan a debilitarse na nosa provincia, quen sabe
se pola nova e ilusionante andaina do país, pola entrada
en razón e madurez d@s nen@s-alumn@s manipulados inicialmente,
ou simplesmente pola lóxica da nosa forma de ser e tradición:
aquelo de que o tempo todo o pon no seu sitio. Mais non debemos
baixa-la guardia: o cancro quere sobrevivir espallándose
e buscando novos espacios e apoios (Pontevedra ?), . Non podemos
nen debemos permitilo e nos consta que Asociación de Gaiteiros
Galegos, tamén nunha ilusionante nova etapa, está
a traballar arreo nese sentido. É tempo de sacarmos de novo
o noso orgullo de gaiteiros, porque somos o que somos, a nosa música
é a que é, e evolucionará como teña
que evolucionar, mais esto non debe ser decidido políticamente.
É tempo
de sacarmos tamén o noso orgullo porque a nosa riqueza debemos
ser nós os primeiros en valora-la, e eso sería mais
importante que nengún galardón da Unesco....
Baixo ese pretexto,
e combinando actividades divulgativas (charlas, conferencias, exposicións,
etc..), e lúdicas, queremos facer entrega ademais cada ano
do PREMIO ORGULLO GAITEIRO GOMES MOURO, galardón simbólico
co que a nosa Asociación homenaxea e recoñece o traballo
dunha persoa, grupo ou institución no ámbito da música
tradicional, centrándonos sobre todo na provincia de Ourense.
No ano 2004 fora o Sr.Paco Villarino Ojea, "Gaiteiro de Escornabois",
modelo musical e como persoa para moitos de nós. Neste ano
será o grupo de Gaiteiros de Vilar
(Calvos de Randín).

(C)
Fotografía: Alba Carpentier
Dende a Aula,
queremos traballar coas institucións oportunas para a "oficialización"
dun "DÍA DA MÚSICA GALEGA PATRIMONIAL",
mais quizais sexa o mais importante , tamén nos gustaría
que esa xornada se estendera por todo o país, e nese sentido,
se non podedes ou queredes achegarvos ate Ourense, convidámosvos
a que collades os vosos instrumentos aló donde esteades,
afinedes as vosas gorxas, e que o orgullo sexa festa en todo o país.
Se así tedes pensado, por favor, encantaríanos sabelo
!!!.
Saúde,
orgullo, e música, compañeir@s !!!!
AULA
GOMES MOURO
Programa
en formato pdf
Xoves
24-Novembro-2005
Falta
un dia!
Todos
atentos mañá á Proclamación pola UNESCO
das Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade,
que será ás 11 hs da mañá, e na que
todos esperamos que sexa a probada a Candidatura Galaico-Portuguesa.www.opatrimonio.org
E
na próxima semana, pra seguires traballando anunciaremos
a programación do Día do
Orgullo Gaiteiro deste ano, que xa está case ultimada.
Mércores
23-Novembro-2005
APOIO
DO CONCELLO DE OURENSE Á CANDIDATURA DO PATRIMONIO INMATERIAL
GALAICO-PORTUGUES
O pasado
día 11 de Novembro, Día de San Martiño, tiveron
lugar en Ourense os actos de apoio á candidatura. Foi unha
xornada moi especial pra nós, poder participar nesta demostración
de que o noso patrimonio está ben vivo, dentro
dun ambente alegre e festivo durante todo o día.
E especialmente emotivo, momento histórico, foi cando Iván
Area e Marquiños interpretaron no Salón de Plenos
do Concello antes de dar comezo á sesión a muiñeira
e xota de Escornabois. Foi un día intenso, de moito traballo,
pero mereceu a pena.



Podedes
ver máis fotografías na páxina oficial da Candidatura
www.opatrimonio.org
en
http://www.opatrimonio.org/pt/fotoalbum.asp?album=15
Programa
Día 11 de novembro 13 h.- DESFILE DO PATRIMONIO INMATERIAL.
Saída
do Parque de San Lázaro. Ao longo da R/ do Paseo até
a Praza Maior
13.20 h.-
Recepción do Desfile por conta da Banda Municipal na Praza
Maior
13.30 h.- PRESESENTACIÓN da Candidatura no Salón de
Plenos.
17.30 h.-
Polo San Martiño, peóns ao camiño. (DÍA
DO PEÓN). No entorno do Magosto do Concello, no Parque Barbaña,
xornada arredor do xogo do Peón (Pión, Trompo, Buxaina...)
19 h.-
FESTIVAL DO PATRIMONIO INMATERIAL
Celebrado no entorno do Magosto que organiza o Concello de Ourense
no Parque Barbaña., presentado por Luís Correa e Pinto
d'Herbón, a xeito de regueifa, representando as distintas
datas do ciclo festivo tradicional.
- CANTO DE RÉIS. Dª. Ermelinda Seguín Matías,
Sarreaus
- ENTROIDO, onde o "testamenteiro" de Laza (Manuel Quintas
-Dopa-) leu un extracto dun testamento do burro.
- MAIO, das Eiroás, de man dos mozos e mozas que, ademáis,
cantarán as Coplas.
- O SAN XOÁN. Aula Gomes Mouro
- TRABALLOS COMUNITARIOS. As membros do CDR Eirada, de Parada de
Outeiro - Vilar de Santos, representaron un extracto do ciclo do
liño, acompañadas do grupo de pandereteiras da Aula.
- DANZA PROCESIONAL interpretada e representada por Castro Floxo,
para amosar as VIRXES DO VERÁN
- Para fechar o Festival, o MAGOSTO, os cabazos, as castañas,
ao son do "Non ch'as quero..."
Ao tempo
que se levaban a cabo as distintas representacións, proxectábanse
imaxes das distintas manifestacións do Patrimonio Inmaterial.
E pra finalizar,
houbo actuación do grupo da Aula Gomes Mouro e Os Cempés
Eiquí podedes ver as
noticias
anteriores
Aula
Gomes Mouro.
Sempre a traballar pola mUsica tradicional!
|